miércoles, 22 de abril de 2009

miércoles, 25 de marzo de 2009

miércoles, 3 de diciembre de 2008

O mito de Santiago apóstol







A principios do século IX, durante o reinado de Alfonso II, o Casto comeza a espallarse a noticia de que nos confíns de Maía un ermiño e mailo bispo Teodorimo descobren o sepulcro de Santiago o Maior.
A parte da certeza ou non de tal feito, xeralmente crese que foi unha invención interesada, esta descoberta permitiu a aparición dun novo centro de peregrinación para a cristiandade occidental e motivou o crecemento do núcleo urban máis importante da Galicia medieval.
As razóns que explican esta inventio son tanto de carácter relixioso como político. No tocante ás razóns relixiosas, a vixencia da tese da “dispersión apostólica”, recollida no Beato de Liebana, como predicación en Hispania de Santiago o Maior. O obxectivo do Beato era reclamar unha orixe apostólica da igrexa cristiá do norte de Hispania fronte a igrexa toledana de carácter “adopcionista”. A inventio de Santiago tivo enormes consecuencias para a articulación do espazo galego.
Fontes:
  • CC.SS. Xeografía e Historia, ed.Bahia, 1997

viernes, 7 de noviembre de 2008

jueves, 30 de octubre de 2008

O ESCUDO


O escudo de Galicia presenta, sobre un campo azul, un cáliz de ouro cunha ostia de prata e sete cruces recortadas do mesmo metal.
O primeiro escudo que representou as armas do Rei de Galicia recóllense nun armonial do século XX, onde simplemente aparecía o símbolo eucarístico cun copón, que a finail do século XVI, se converte nun cáliz cunha ostia enriba; logo rodeouse de seis cruces que acabaron sendo sete para identificarse coas sete cidades do reino.
En 1972 a Real Academia Galega adoptou en sesión plenaria o modelo definotivo deste símbolo que hoxe é o considerado oficial.
O escudo de Galicia esta composto por: un cáliz de ouro sumado a unha ostia de prata e co fondo en cor azul, acompañado de sete cruces, tres en cada lado en unha no centro do xefe, o timbre, coroa real cerrada, que é un circulo de ouro, con pedras preciosas, composto por oito floróns de follas de acanto (visibles cinco) , interpoladas de pérolas, e das súas follas saen candasúas diademas sumadas de pérolas que converxen nun mundo de azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro. A coroa, forrada de gules ou vermello.

FONTES:

  1. Bibliografia:

viernes, 24 de octubre de 2008

A BANDEIRA GALEGA


O caso da bandeira Galega -branca e azul-, a súa orixe é moderna, unha creación do século XX.
A primeira bandeira coñecida que simboliza a Galicia era completamente branca;no seu centro podía leva-los elementos do escudo (copón, cáliz e cruces) en cor ouro. Sen embargo, ben por confusión , ben intencionadamente, a partir dos comezos deste século foi empregada como bandeira de Galicia a que era bandeira da Comandancia de Mariña da Coruña, unha bandeira branca cunha banda azul en diagonal.
O éxito desta insignia foi grande e, en moi poucos anos, foi adoptada como símbolo case unicamente aceptado. Nesta aceptación tiveron un destacado papel as sociedades de emigrantes galegos en América, por canto fixeron dela o símbolo da súa patria de orixe.


Fontes:

  1. Bibliografia:
  • Ana Romero. CC.SS. Xeografía e Historia, ed.Bahia, 1997

jueves, 23 de octubre de 2008

A ORIXE DA VERBA GALEGA



Galicia ven do substantivo Gallaecia, deriva de callaici, xentilicio que denominaba a unha das tribos da península antes da chegada romana. Na época romana Gallaecia está dividida en tres conventus: o conventus bracarensis ca sede na cidade de Braga, o conventus asturicensis, con capital na cidade de Astorga e o conventus lucensis, dirixido dende cidade de Lugo. A maior parte de Galicia actual corresponde os territorios do convento lucense de época romana.
Fontes:

1. Bibliografia

  • Villares,R. Historia de galicia, ed.Galaxia, Vigo, 2002