miércoles, 3 de diciembre de 2008

O mito de Santiago apóstol







A principios do século IX, durante o reinado de Alfonso II, o Casto comeza a espallarse a noticia de que nos confíns de Maía un ermiño e mailo bispo Teodorimo descobren o sepulcro de Santiago o Maior.
A parte da certeza ou non de tal feito, xeralmente crese que foi unha invención interesada, esta descoberta permitiu a aparición dun novo centro de peregrinación para a cristiandade occidental e motivou o crecemento do núcleo urban máis importante da Galicia medieval.
As razóns que explican esta inventio son tanto de carácter relixioso como político. No tocante ás razóns relixiosas, a vixencia da tese da “dispersión apostólica”, recollida no Beato de Liebana, como predicación en Hispania de Santiago o Maior. O obxectivo do Beato era reclamar unha orixe apostólica da igrexa cristiá do norte de Hispania fronte a igrexa toledana de carácter “adopcionista”. A inventio de Santiago tivo enormes consecuencias para a articulación do espazo galego.
Fontes:
  • CC.SS. Xeografía e Historia, ed.Bahia, 1997