viernes, 24 de octubre de 2008

A BANDEIRA GALEGA


O caso da bandeira Galega -branca e azul-, a súa orixe é moderna, unha creación do século XX.
A primeira bandeira coñecida que simboliza a Galicia era completamente branca;no seu centro podía leva-los elementos do escudo (copón, cáliz e cruces) en cor ouro. Sen embargo, ben por confusión , ben intencionadamente, a partir dos comezos deste século foi empregada como bandeira de Galicia a que era bandeira da Comandancia de Mariña da Coruña, unha bandeira branca cunha banda azul en diagonal.
O éxito desta insignia foi grande e, en moi poucos anos, foi adoptada como símbolo case unicamente aceptado. Nesta aceptación tiveron un destacado papel as sociedades de emigrantes galegos en América, por canto fixeron dela o símbolo da súa patria de orixe.


Fontes:

  1. Bibliografia:
  • Ana Romero. CC.SS. Xeografía e Historia, ed.Bahia, 1997

No hay comentarios: